
Mosquetín.
Nunha contorna de gran beleza, ao carón do río Grande, poderás atopar un dos máis extraordinarios exemplos de industria tradicional de Galicia e un tranquilo parque de merendas para pasar o día.

Os batáns.
Os últimos batáns que estiveron en funcionamento en Galicia, a onde acudían xentes de toda a Costa da Morte para mazaren as súas mantas de la.

Os muiños.
Un singular conxunto de muíños de río, coa súa maquinaria perfectamente conservada, nos que se moía tanto millo como o trigo.
Benvid@s aos muíños e batáns do Mosquetín, un dos conxuntos etnográficos máis extraordinarios e singulares de Galicia. Neste lugar situado ás beiras do río Grande, nunha contorna de grande beleza natural, poderás visitar un dos últimos batáns galegos e 7 muíños fariñeiros, que aproveitaban a mesma corrente de auga para mover as súas maquinarias. A visita ao Mosquetín permitirache coñecer de primeira man unha testemuña única dunha época e dunha forma de vida xa desaparecidas, pero nas que viviron e traballaron os nosos avós e avoas. Coñecerás para que servían os batáns, como funcionaba a súa enxeñosa maquinaria, como se complementaban cos muíños, como se recollía a auga do río e moitas outras historias apaixonantes.
Nesta web atoparás toda a información que precisas para poder achegarte ao Mosquetín e facer da túa visita unha experiencia inesquecible.